lecturas e libros. (23 de abril, día do libro)
Embed Size (px)
TRANSCRIPT

23 de abril de 2014Día do Libro

• “Todas as historias se tecen cos fíos da vida”
Agustín Fernández Paz

Os ríos da vidaDin que todas as persoas
necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas.
Agustín Fernández Paz

Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pausóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo….
Agustín Fernández Paz

Abrir un libro é deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes… Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir.
Agustín Fernández Paz

ABRE OS LIBROS e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas. Déixate arrastrar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes. Non esquezas nunca o abraio que experimentamos nos anos da infancia, cando se nos revela a dimensión máxica que teñen as palabras e descubrimos que as páxinas dos libros poden conter o mundo enteiro.
Agustín Fernández Paz

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar.

Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta.
Agustín Fernández Paz

O libroA fiestra aberta ao ar
vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser… O libro!
Paco Martín

Só un libroNon sei que facer.Miña irmá regaloume un
libro.Un libro.Entre todos os agasallos
que puido escoller, escolleu este.
Un libro.Por que?Que lle fixen eu?Miroo e remíroo.Sacúdoo, a ver se ten algo
entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.É só un libro.

Vouno abrir.Teño curiosidade por saber
que escribiron dentro del para que teña eses aires de superioridade.
Vaia!Non está nada mal.Empézame a caer simpático.Tan caladiño, gardando a
súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.Un libro.Este libro.
Paula Carballeira

O lugar da lecturaUnha illa de luz na xema dos dedos.Unha porta sempre entreaberta.Unha duna cara ao vento.Unha nube sobre a herba.Unha casa encantada.

O lugar da lectura
Unha laranxa do paraísoUnha pousada no inferno.Unha man e unha fouce.Unha carapucha vermella.Unha bufanda colorada.Unha alfombra no ceo.

A pulga e o xigante.
A rosa e o cravo.
A serpe e a mazá.
A fonte e o cervo.
A flor da candea.

A fenda do espello
A lúa na boca.
A tona do tempo
A pedra e o canto.
A voz e o silencio.
Carlos Negro

FONTES
•IMAXES: cadros de Leandro Lamas•TEXTOS: citas de
–Agustín Fernández Paz, –Paco Martín, –Paula Carballeira,–Carlos Negro